Esta semana santa faremos unha actividade que nos lembra aos mércores de natureza do verán. Trátase dunha ruta guiada en tren ata Folgueiro para achegarse camiñando ata o Fuciño do Porco e continuar despois ata San Román. Comeremos alí mesmo e voltaremos en tren de novo ata O Vicedo. Para os que non queiran/poidan ir en tren ou estar toda a ruta, hai a posibilidade de quedar na explanada do Bar Alba (Folgueiro) e comezar alí a ruta e despois rematar en San Román e regresar ata o Bar Alba. Anotacións no teléfono 982 59 01 95. Importante: Levar bocadillo e bebida para comer en San Román e calzado e roupa axeitada para camiñar. A ruta é duns 12 km e é turística, é dicir, camiñarase a un ritmo moi normal, apto para a maioría da poboación e faranse paradas explicativas nos principais puntos de interese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario