lunes, 27 de marzo de 2017

O venres 31 de marzo ás 20h proxectarase o documental UN SUEÑO COMPARTIDO, producido pola ONG Aprendices Visuales, con motivo do día mundial de concienciación social sobre o autismo. Estades todos e todas convidados a ver este fermoso documental que vos impactará

miércoles, 22 de marzo de 2017

Día internacional do libro infantil

A Biblioteca Pública Municipal de O Vicedo celebra o Día Internacional do libro infantil e xuvenil (2 abril) coa participación no concurso de debuxo a nivel de Galicia "Andersen Hoxe" e coa lectura pública o luns 3 de abril ás 17:30h do escrito creado polo poeta Sergey Makhotin para celebrar ese día. O prazo para entregar os debuxos xa está aberto e remata o xoves 2 de abril. Os debuxos están divididos en 3 categorías: 1º, 2º e 3º de primaria, 4º, 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO. O debuxo deberá mostrar un dos personaxes dos contos de Hans Christian Andersen tal como sería a día de hoxe. Para participar hai que recoller a ficha de participación na propia biblioteca. O concurso será a nivel de toda Galicia.


viernes, 3 de marzo de 2017

Nova edición da tarde-noite de xogos de mesa

Debido ao forte temporal do 3 de febreiro non se puido disfrutar plenamente da primeira edición da noite de xogos de mesa. Agora repetimos a experiencia o venres 17 de marzo así que convidámosvos a achegarvos a xóvenes e adultos a xogar entre todos a moitos dos xogos que poñemos á vosa disposición. Comezamos ás 21h30!