Compartimos un interesantísimo artigo publicado por Vicente Míguez no xornal El Progreso o pasado 19 de maio no cal repasa a historia do xornal escolar O Estrobo.
Benvido ó Blog da Casa da Cultura onde tratamos de informar das diferentes actividades socioculturais do noso Municipio. Agardamos as túas opinións e suxestións. Tamén podes agregarnos ó facebook: xuventudevicedo@hotmail.com.
martes, 23 de mayo de 2017
martes, 16 de mayo de 2017
Pavís Pavós encheron de contos o escenario da Casa da Cultura do Vicedo
En plena semana das Letras Galegas, os nenos e nenas do Vicedo puideron
disfrutar dunha sesión de contos infantís a cargo de Pavís Pavós esta
tarde na Casa da Cultura do Vicedo. Houbo contos de medo, de animais,
historias de sempre que atraparon a atencións dos máis pequenos. Aquí
podedes ver unha pequena mostra fotográfica desta actividade
lunes, 15 de mayo de 2017
domingo, 14 de mayo de 2017
Próximas actividades culturais
As próximas actividades culturais teñen moito que ver coa proximidade do Día das Letras Galegas. O martes 16 ás 17:30h os Contacontos Pavís Pavós chegan ao Vicedo para unha sesión de contacontos coa actividade "contos que deixan pegada".
O venres 19 hai 2 actividades: Ás 12:30h será a presentación da Romaxe Viquinga 2017, que contará coa presencia de autoridades locais, provinciais e autonómicas, O Mago Queiman e Pousa e o arqueólogo Iñaki Sagredo.
Xa pola noite do mesmo venres haberá unha actuación musical dos vocalistas da orquesta Poceiro Miguel Torres e Luis Rey (a partir das 22:30h.
Finalmente o sábado 20 ás 18h un concerto do grupo Sons de Celeiro, que xa actuara con gran éxito no mes de novembro na propia Casa da Cultura. Ademais, lembramos que o sábado 20 e o domingo 21 será a segunda parte da Ruta de Pinchos que se traslada nesta ocasión aos locais de San Román, Folgueiro e Abrela.
jueves, 11 de mayo de 2017
martes, 2 de mayo de 2017
Ruta de pinchos Concello de O Vicedo
Un ano máis diferentes locais hosteleiros de todo o municipio organiza a xa tradicional ruta de pinchos. Celebrarase en 2 fins de semana e o prezo de cada pincho será de 1,50 €. Este ano, da mesma forma que o ano pasado haberá un premio ao mellor pincho elixido polo público. O público tamén pode saír premiado xa que entre todos os votantes sortearanse 2 vales de compra de 100 €, donado polos establecementos participantes.
As rutas son o 12 e 13 de maio no Vicedo e o 20 e 21 de maio en San Román, Folgueiro e Abrela.
Lucía Aldao e María Lado actúan no Vicedo
Esta semana presentamos unha actividade moi interesante. Temos a oportunidade de ver no Vicedo a Lucía Aldao e María Lado presentando o seu espectáculo: Con dez poemas por barba. Non perdades a oportunidade de asistir a un recital cheo de música, risas. Lembramos que o espectáculo está dirixido principalmente a maiores de idade ainda que tamén poden asistir maiores de 12 anos. Entrada gratuita
Suscribirse a:
Entradas (Atom)