miércoles, 18 de octubre de 2017

Teatro infantil Xuvenil en O Vicedo

Esta fin de semana volve o teatro afeccionado do proxecto Buxiganga (da Deputación de Lugo) ao Vicedo. Concretamente, será o grupo de teatro afeccionado de Viveiro, Teatro Crea, a que represente a obra E ti, sabes de que cor son todas as laranxas?. Será o sábado 21 de outubro ás 18h na Casa da Cultura do Vicedo. A Entrada é gratuita e está dirixida a nenos e nenas maiores de 5 anos e adultos.

martes, 3 de octubre de 2017

Programación sociocultural outubro

Seguimos publicando neste blog os anuncios das actividades mensuais pero o día a día das actividades, a información máis inmediata poden seguila na páxina de Facebook:


jueves, 6 de julio de 2017

Festa da Festa do Cabalo 2017

Cartel da festa do Cabalo do Vicedo para o domingo 16 de xullo de 2017 onde se poderá disfrutar un ano máis da beleza do entorno do parque eólico de Riobarba e participar en diferentes actividades como a misa campestre, degustación de productos típicos, carreiras de cabalos e verbena.






miércoles, 28 de junio de 2017

programación cultural xullo 2017

Este é o cartel das actividades previstas para este próximo mes de xullo en O Vicedo. Un ano máis preténdese mostrar as riquezas naturais tanto do noso concello como da comarca cos mércores de natureza. As actividades de natureza comezarán xa o día 5 de xullo cunha actividade-presentación nas praias de Vicedo e onde os participantes poderán participar, por só 10 euros, en actividades como paddle surf e kayaks.
Hai que destacar tamén a actuación musical que repasa a historia do soul e a xa tradicional festa do turismo rural, no parque eólico de Riobarba. Finalmente ao rematar o mes chega o prato forte, a Romaxe Viquinga, que organiza o concello xunto coa ACIA do Vicedo.

lunes, 12 de junio de 2017

Romaxe Viquinga

Presentamos xa o cartel da Romaxe Viquinga que se vai celebrar os días 28 e 29 de xullo de 2017. Como novidades este ano hai que destacar o pregón na Casa da Cultura ás 19.30h a cargo do xornalista Ernesto Sánchez Pombo, a charla do arqueólogo Iñaki Sagredo a continuación, a ambientación e ruta de pinchos polo Vicedo xusto ao rematar a charla.

Para o día seguinte é o prato forte da festa. Comezará co desembarco e espectáculo matinal na praia de Area Grande (San Román), haberá obradoiros e demostracións durante todo o día no campamento viquingo e rematará a festa cun espectáculo musical a cargo de Milsons, tamén no acceso á propia praia de Area Grande (na explanada leste). 
Información puntual e actualizada na páxina: https://www.facebook.com/ROMAXEVIKINGA/